publicidade hoxe

César Morán presenta na Casa da Cultura de Monforte o seu disco “Haberá Primavera”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

Continúan desenvolvéndose as actividades programadas pola delegación de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Monforte co gallo das Letras Galegas 2014, día que está dedicado ó poeta Xosé Mª Díaz Castro.

Este venres día 16 de maioás 20:00 h. na Casa da Cultura, o cantautor Cesar Morán, acompañado pola violinista Rebeca Maseda, ofrecerannos o concerto “Haberá Primavera”.

Cesar Morán é un compositor e intérprete que iniciou a súa actividade como cantautor na década dos 70, publicando o seu primeiro disco no ano 1998 e, no 2011, o libro-disco “Haberá Primavera”, un traballo monográfico sobre Álvaro Cunqueiro.

Na súa traxectoria profesional ten colaborado como músico co grupo de teatro “Troula” e, como compositor, co escritor Manuel Rivas no seu libro-CD “O pobo da noite”.

Rebeca Maseda é unha nova violinista formada na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e no Conservatorio de Utrech (Holanda).

Desde 2007 e 2008 é colaboradora da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, xunto con outras agrupacións.

Este venres poderemos gozar coa súa música na Casa da Cultura de Monforte, a partir das oito do serán e con entrada libre e gratuíta.

13 de maio de 2014 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.