publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cerdido mantén aberto o prazo de inscrición para os campamentos deportivos da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O concello de Cerdido ten aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña. Poderán participar os rapaces e rapazas nados nos anos 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004. Deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 19 de maio. A quenda que lle corresponde ao concello de Cerdido é a segunda, polo que a actividade desenvolveríase do 6 ao 12 de xullo. A cota de inscrición é de 85 €. As persoas interesadas poderán recibir máis información nas oficinas do concello.

12 de maio de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.