Cedeira investirá 200.000 euros no acondicionamento de viais urbanos e pistas rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira investirá máis de 200.000 euros na mellora de pistas, camiños e rúas tanto da zona urbana como da rural. Será a través de cinco proxectos presentados ao pleno polo goberno que preside Luis Rubido e que esta mañá eran aprobados en sesión extraordinaria. Todos eles buscan mellorar as condicións de circulación, reforzar a seguridade vial e a accesibilidade. Para o seu financiamento, recurriráse á liña de subvencións do Plan DTC 93 da Deputación Provincial de A Coruña, a través do cal Cedeira recibirá uns 163.000 euros.

Así, o primeiro dos cinco proxectos do Concello será o reforzo e reparación do firme da rede de viais que comunican os núcleos de A Pena, O Rego e A Carballa coa estrada autonómica AC- 566. Preto de quilómetro e medio de firme no que, ademáis de aplicar rego asfáltico para a súa pavimentación, procederáse á limpeza das cunetas ubicadas nas súas marxes. O prazo de execución dos traballos, segundo avanza o goberno municipal, estímase en tres meses.

Evitar o deterioro progresivo e mellorar o estado do firme da rúa Regueiro e da Avenida Salinas é o obxectivo dos traballos previstos en ambos puntos e recollidos nun segundo proxecto, cun prazo de execución de dous meses. A actuación consistirá a grandes rasgos no fresado do aglomerado existente en ambas marxes dos viais e a pavimentación posterior. Completaráse co pintado dos pasos de peatóns e demáis sinalización horizontal existente.

Un terceiro proxecto aprobado é a pavimentación de camiños municipais en Penadaguía, Cimadevila e Vilarnovo. Así, os traballos proxectados no lugar de Penadaguía consisten no acondicionamento e reparación do firme nun tramo cercano ao quilómetro e mediante regos asfálticos, así como a limpeza e perfilado de cunetas e rebacheo puntual naquelas zonas máis deterioradas.

En Cimadevila, acometeráse o acondicionamento e pavimentación dun pequeno tramo de 125 metros e, no lugar de Vilarnovo, a pavimentación doutro tramo de 110 metros e outros traballos noutro treito de 280, como o rasanteo de caixa. O prazo de execución estímase en tres meses.

Así mesmo, o cuarto proxecto levaráse a cabo na rúa Deportes, a principal arteria de comunicación do pavillón municipal polideportivo. Unha vía moi concorrida en pleno centro urbano e que comunica tamén directamente co instituto do municipio, o campo de fútbol ou a estación de autobuses. Precisamente, ese uso asociado ao paso do tempo motivou o deterioro progresivo que agora se pretende remediar. Así mesmo, a actuación tamén pretende mellorar a accesibilidade da rúa e facilitar o seu uso ás persoas con mobilidade reducida. Con ambas intencións, os traballos contemplan a pavimentación da capa de rodadura da calzada e a execución de novos bordillos e beirarrúas cos correspondentes pavimentos táctiles e de cor nos vados peatonais.

Completaráse coa instalación de pasos peatonais elevados, que actúen como reductores de velocidade. O prazo de execución estímase en dous meses.

O quinto e último proxecto previsto desdóblase en dúas actuacións. Dunha banda, o acondicionamento do vial que une os lugares de Vila do Río e Veciñeira, ambos na parroquia de San Román e, o primeiro, o maior núcleo de poboación existente na zona rural do municipio, con máis de medio centenar de vivendas. Doutra banda, a mellora do vial secundario ubicado no lugar da Saíñas, na zona da Ribeira, na parroquia de Cedeira e tamén cunha gran concentración de vivendas no seus límites. En ambos casos, procederáse á limpeza de cunetas e rebacheos puntuais e zonas especialmente deterioradas para, a continuación, proceder á aplicación de rego asfáltico. As obras contan cun prazo de execución estímase en tres meses.

15 de maio de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.