Cedeira inicia a campaña de desbroce e limpeza de camiños e pistas
O Concello de Cedeira iniciou esta semana a campaña anual de desbroces en todo o termo municipal. Unha campaña que se extenderá ao longo dunhas 105 hectáreas repartidas por todas as parroquias. Unha cuadrilla de operarios municipais encárgase das tarefas, que se executan en camiños, pistas e fincas municipais. Estas intervencións enmárcanse nas accións para a prevención de incendios forestais e, por outra parte, permiten reforzar a seguridade vial na zona rural, xa que ao retirar a maleza das pistas mellórase a visibilidade e o paso dos viandantes.
Segundo explica o Concello de Cedeira, os traballos desenvolveránse entre este e o próximo mes e a intensidade dos mesmos dependerá das condicións climatolóxicas. Os operarios municipais dispoñen de dous tractores desbrozadora e de maquinaria manual para realizar as tarefas. Así, a cuadrilla actúa ao longo de pistas e camiños nunha área de 3-4 metros de ancho.











