Cedeira informa do prazo de inscripción nos Campamentos Deportivos 2014
O Concello de Cedeira informou esta mañá da apertura do prazo de inscripción para participar nos Campamentos Deportivos 2014 que promove a Deputación Provincial da Coruña. Para isto, tan só é necesario cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral Municipal, na pranta baixa da casa consistorial (r/Real 15) en horario de 9 a 14 horas.
Os campamentos desenvolveránse por espazo dunha semana, entre o 6 e o 12 de xullo. Dirixidos a nenos nados entre os anos 2000 e 2004, incluídos, terán como escenario o colexio Calvo Sotelo da Coruña. Alí poderán participar en actividades con clara orientación deportiva como equitación, actividades náuticas, deportes de aventura, piragüismo, paseos en barco, así como outros deportes: fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile… Este ano, volveránse a impartir algunha das actividades deportivo-culturais en inglés, como acontecera no 2013. O prezo, coa correspondente subvención, é de 85 euros por participante e o prazo para presentar a solicitude remata o día 19 de maio. Se a demanda excede a oferta, o Concello realizará un sorteo público nas instalacións do pavillón polideportivo o 20 de maio.











