Cedeira albergará o Campionato provincial de Bádminton en Idade Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportes
A-
A+

Despois de que a pasada fin de semana Cedeira fose escenario do Campionato de España de Bádminton sénior, a vila volverá a acoller este sábado unha cita de primeiro nivel neste deporte: o Campionato provincial en Idade Escolar, competición que se enmarca no programa “Xogade” e que organiza a Xunta de Galicia. O pavillón municipal polideportivo albergará o torneo, no que se prevé a asistencia de máis de 130 deportistas de entre 10 e 16 anos procedentes de quince clubes das localidades de Boimorto, Noia, Serra de Outes, Sobrado, A Coruña, Trazo, Vilasantar, Muros, O Pino, Vimianzo e da anfitriona, Cedeira. Precisamente, do clube local tomarán parte ata uns corenta nenos que conseguiron clasificarse na fase comarcal.

A competición dará comezo ás 10,30 horas e prevése que a entrega de premios se celebre en torno ás sete do serán. Disputaráse nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete masculino e feminino. Os mellores clasificados xogarán o Campionato autonómico, que se celebrará o próximo mes. A entrada é libre e gratuíta.

8 de maio de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.