publicidade hoxe

Caramuxo Teatro leva a Brión o espectáculo gratuíto “As fabas máxicas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónCalendario
A-
A+

O centro social polivalente de Brión acollerá este domingo 18 de maio, a partir das 12:30 horas, o espectáculo “As fabas máxicas”, da compañía Caramuxo Teatro. Trátase dun espectáculo gratuíto de monicreques dirixido para nenos a partir de 4 anos e que está encadrado dentro do programa de dinamización lingüística Falaredes, que chega a Brión da man da Dirección Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Brión. A asistencia é totalmente de balde.

“As fabas máxicas” é un espectáculo contado en primeira persoa, no que Xan nos narra a súa sorprendente historia coa axuda duns simpáticos monicreques e co galego como lingua. Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

13 de maio de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.