Cangas presenta a V edición do Ciclo de Teatro Afeccionado
Esta tarde tivo lugar a presentación da 5º edición do Ciclo de Teatro Afeccionado (Citeamor) na Casa da Xuventude. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura José Luís Gestido acompañado pola presidenta da Asociación Cultural ‘A Cepa’ Pilar Ferrari e Antón Lamapereira da Asociación Cultural ‘Entre Bambalinas’, colectivos promotores deste evento cultural.
O edil sinalou que “este quinta edición consolida ao Ciclo de Teatro Afeccionado como referencia e serve como complemento a Mostra de Teatro de Cangas”. Gestido tamén tivo verbas de agradecemento aos dous colectivos directamente implicados no desenvolvemento deste evento “polo seu traballo e dedicación” ademais de sinalar o rico e variado programa deste ano con once obras distintas entre as que destaca ‘Auto da barco do inferno’ de Gil Vicente e que será a encarga de abrir esta edición este xoves ás 21.00 horas no Auditorio Municipal da man do Grupo de Teatro Asociación Xubilados de Cangas baixo a dirección de Ze Paredes e Mónica Caamaño.
Esta iniciativa constitúe unha oportunidade única para que os veciños e veciña de Cangas podan gozar do teatro con obras de clásicas e máis modernas con tarifas populares.
Programa
Durante o mes de maio realizaranse todos os xoves algunha obra. Despois de ‘Auto do Inferno’, que será a que abra esta edición, será a quenda o día 15 de ‘Os Ohei’, unha adaptación libra de S Mrozeck baixo a dirección de Vanessa Sotelo por alumnos do IES As Barxas e ‘Quen poidera namorala’ por parte do Grupo de Teatro de Aspamsim baixo a dirección de Manuel Chapela. O día 22 o Grupo de Teatro ‘A réplika’ do IES de Rodeira interpretarán a obra ‘O ladrón de palabras’ de Antonio de la Fuente Arjona e dirixida por Juan Carlos Riobó e ‘A Cincenta’ pola asociación Xoán XXIII e dirixida por Maite Campos. O mes será pechado por ‘Gallaegaria’ de Xosé Manuel Pazos e ‘Acariñando os cabelos’ de Xoán Carlos Riobó.
En xuño continuarase coa realización de máis obras os martes con ‘As asembleistas’ de Aristófanes, ‘Quen fixo ese disparo’ de Cid Cabido, ‘Unha de teatro’ de José Luis Alonso de Santos, pechando o ciclo a obra ‘Al mundo le falta un tornillo’.











