Cangas e Gondomar únense a través da música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasGondomar
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música de Cangas e a Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Camaño” celebrarán o próximo mércores 21 de maio un intercambio co Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Nesta data recibirase a alumnado procedente de Gondomar nun acto conxunto que terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas e no que participarán unha agrupación de nenos de ambos conservatorios. O acto será ás 19.00 horas con entrada libre.

Esta visita será devolta polos alumnos cangueses nunha desprazándose ao Auditorio no centro de Gondomar o día 4 de xuño. As agrupacións participantes serán:

Conxunto de vento madeira, integrada por clarinetes e saxos do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas, orquestra de corda dos alumnos de grao elemental do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas e a orquestra do Conservatorio de Gondomar que está formada por guitarras, clarinetes, saxos, violíns, piano e voces.

Cada agrupación interpretará catro obras e ao remate do concerto farase unha obra conxunta coas tres agrupacións.

20 de maio de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.