Cangas celebra a ‘I Liga Intercolexios de Alevíns en Pista do Morrazo’
Cangas acolle este venres a ‘I Liga Intercolexios de Alevíns en Pista do Morrazo’ organizado polo Club de Atletismo Vila de Cangas. A cita deportiva desenvolverase no Estadio Municipal de Atletismo a partir das 16:00 horas. Na proba participaran sete colexios do municipio, algúns con máis dun equipo os cales teñen que estar compostos por 4 ou 9 atletas nacidos nos anos 2003 e 2004. Realizaranse probas de peso, 60m, 300m, 1000m e relevos (4×60) rematando ás 20.00 horas. Cada deportista poderá participar como máximo en dúas probas diferentes. Estímase unha participación de entorno ao medio centenar de atletas. Unha vez finalizadas todas as probas os mellores equipos deberán afrontar unha final o próximo 30 de maio que suporá o punto e final desta primeira edición.
O obxectivo desta iniciativa e “dar a coñecer o atletismo cunha xornada lúdica aos máis cativos en colaboración cos propios centros escolares e as ANPAS”.











