Cangas acollerá o Campionato Provincial Escolar de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesPontevedra
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

Hoxe presentouse na Casa da Xuventude o próximo Campionato Provincial Escolar de Taekwondo que terá lugar en Cangas o próximo domingo e que está patrocinado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra ademais de contar coa colaboración da Fundación Cangas Deporte. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño, o Xefe do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra Daniel Benavides, o vicepresidente da Federación Galega de Taekwondo Francisco Tilve e o presidente de Club Sares- TKD Cangas Pable Casares.

Soliño sinalou na súa intervención a labor que desenvolve o club anfitrión na vila, recordando que “non fai moito celebramos outro campionato de taekwondo en Cangas cun éxito de participación” polo que afirmou que “somos un concello sen parada” en referencia ao alto número de citas deportivas que teñen lugar na localidade todas as semanas. Por último animou ao club cangués “a continuar creando novos deportistas” afirmou.

O Xefe de Deportes da Xunta de Galicia Daniel Benavides sinalou que “estamos unha vez máis en Cangas con boas novas”, “nin sequera fai 24 horas que os corredores participantes no Campionato de España de Trial deixaron Cangas estamos aquí de novo presentando un novo evento deportivo” recalcou. Benavides felicitou a organización por este evento polo sinalou que “Cangas é unha garantía para levar a cabo calquera cita deportiva”, declarou, eloxiando o traballo que se está a realizar en Cangas a favor do deporte base, destacando neste punto o compromiso e colaboración do goberno local.

Pola súa banda o vicepresidente da Federación Galega de Taekwondo Francisco Tilve agradeceu a Xunta o seu apoio a través do programa Xogade para fomentar o deporte de base.

O presidente do Club Sares- TKD Cangas Pablo Casares explicou que o evento, que desenvolverase no Pavillón Municipal de ‘O Gatañal’, comezará ás 10.00 horas e estímase a entrega de premios ás 13.30 horas. No campionato, participarán 25 equipos da categoría infantil e 20 da categoría cadete facendo un total de 400 deportistas. A cita deportiva será específica de taekwondo de exhibición, “a modalidade máis vistosa” segundo recalcan dende a organización e na que a provincia e referente estatal con catro clubs campión de España nos últimos 5 anos. A presenza dos deportistas cangueses está garantida con dous equipos infantís e un equipo cadete. Os organizadores animan a todos os veciños e veciñas de Cangas a que se acerquen e gocen da espectacularidade da competición.

5 de maio de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.