Cangas acollerá o campionato provincial de patinaxe
Este próximo fin de semana celebrarase o Campionato Provincial de Niveis de Patinaxe organizado polo Club Ánfora. A cita deportiva disputarase no Pavillón Municipal de Romarigo, no Concello de Cangas, comezando ás 09.00 con adestramentos despois dos cales iniciarase a competición cos primeiros niveis finalizando ás 14.00 horas coa entrega de diplomas. Pola tarde será a quenda dos patinadores dos niveis IV ao VIII que comezarán ás 16.30 horas ata ás 20.20 horas finalizando coa correspondente entrega de diplomas.
O deporte cangués estará representado de xeito notable coa participación de oito deportistas do Club Ánfora: Antía Iglesias, Alba Oliveira, Ainhoa Núñez, Paula Taboada, Sabela Martínez, Sara Gil, Andrea Gil e María Marcelino.











