Cangas acollerá a XIII Marcha Ciclista do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

Cangas continúa acollendo probas deportivas, nesta ocasión, trátase da XIII edición da Marcha Ciclista do Morrazo organizada polo Club Ciclista Cangas e que conta coa colaboración do Concello de Cangas e da Fundación Cangas Deporte. O evento terá lugar o próximo domingo ás 09.00 horas no entorno das Naves de Deportes Náuticos na que estará situada a saída dende a cal tomarán dirección Moaña pola estrada da costa ata chegar a Vilaboa para xirar cara Pontevedra. Dende a capital tomarán a autovía ata Marín onde comezará o chamado “tramo libre” ata chegar ao Miradoiro de Cotoredondo no cal deteranse e reagruparase o pelotón tomando un avituallamento. Despois continuarán cara Figueirido para volver a Vilaboa e regresar a Moaña para dende alí subir ata o Miradoiro da Fraga que será o último punto de parada e avituallamento, tralo cal volverán a Moaña para finalizar de novo nas inmediacións das Naves de Deportes Náuticos no peirao cangués.

Poden participar nesta proba os ciclistas maiores de catorce anos que dispoñan de licencia federativa. Aqueles que non estean federados deberán inscribirse antes do xoves e aboar 12 euros dunha licencia temporal a parte dos 10 euros do prezo de inscrición.

Ao finalizar o evento entregarase un recordo a todos os participantes así como un premio ao ciclista de maior idade, ao club de máis lonxe cunha representación mínima de 3 deportistas e o club con maior número de participantes.

Para o desenvolvemento deste evento contarase coa colaboración da Garda Civil que velará pola seguridade dos ciclistas así como da Policía Local e Protección Civil dos concellos polos que transcorre o percorrido. A este dispositivo sumarase unha ambulancia e varios vehículos de apoio.

27 de maio de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.