Campionato galego de cruceiros en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

O Real Club Náutico Portosín xa prepara como organizador a  cita autonómica que se celebrará nas súas augas durante os días 22, 23 e 24 de agosto coa finalidade de decidir quen será o CAMPIÓN GALEGO DE 2014, máxima distinción outorgada pola Federación Galega de Vela.

O Campionato pretende ser un evento de referencia, conxugando deporte e vida social, con actos onde se poida gozar e comentar as incidencias, logros ou fracasos da parte deportiva. Para iso,  o R.C.N. Portosín porá a disposición de todos os regatistas, as xa típicas, pulpeiras, sardiñas con cachelos ou churrasco, todo iso regado cun bo viño e acompañado de boa música.

Na parte deportiva, o comité, programará a realización dun triángulo Olímpico e dúas probas ao vento dentro da ría, así como, a proba costeira por antonomasia, que dá nome ao evento por transcorrer polo Mar de Finisterre.

Desde o club porase a disposición dos armadores, toda a información posible para o traslado das embarcacións así como facilitar a súa estancia antes, durante e despois do evento. 

Espérase que as mellores unidades tomen parte por ser Portosín un nexo de unión ou punto de encontro entre a flota do sur e a flota do norte ademais, sendo por si só unha flota próxima ás 60 unidades, ademais poderán tomar parte na cita as embarcacións da zona norte de Portugal ou da zona Ártabra para os que disporemos dun trofeo especial aínda que o seu triunfo non suporía o título autonómico.

30 de maio de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.