Cambre ofrece cinco cursos de formación municipal para desempregados
Cambre oferta cinco novos cursos de formación tras recibir unha subvención de 315.488 euros da Consellería de Traballo e Benestar, que se impartirán no Centro municipal de Formación situado no Polígono de Espírito Santo.
Cambre recibiu unha subvención de 315.488 euros para a organización dos cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados de Dinamización comunitaria (628 horas), Atención Sociosanitaria a Persoas no seu Domicilio (628 horas), Montaxe Instalacións solares térmicas (638 horas), Xestión integrada de Recursos Humanos (808 horas), Soldadura oxigás e Soldadura MIG (438 horas). Os alumnos/as aos que vai dirixido o curso son desempregados e deben ter uns requisitos mínimos. Para os cursos de Dinamización comunitaria e Xestión integrada de Recursos Humanos se rquieren estudos de Bacharelato ou equivalentes, e para os cursos de Atención Sociosanitaria a Persoas no seu Domicilio, Montaxe Instalacións solares térmicas, Soldadura oxigás e Soldadura MIG (438 horas) requírese a ESO ou equivalente.
A selección de alumnos realízaa a Oficina de Emprego. Por iso, os alumnos interesados en realizar este curso deben PORSE EN CONTACTO DIRECTAMENTE coa Oficina de Emprego de Monelos (A Coruña) (Formación), e mostrar o seu interese na realización do mesmo. No caso de que os interesados demanden maior información poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local no teléfono 981 61 31 96.











