Cambre doa preto de 3.000 libros á ONG Equus Zebra tras o expurgo das súas bibliotecas

Entrega de libros
O Concello de Cambre doa 2.805 libros das súas bibliotecas municipais Xavier do campo e Os Templarios tras o expurgo realizado no mes de marzo. Ademais, doáronse á ONG 65 DVDs tal e como se aprobou no pleno de marzo. As máis de 30 caixas de libros recibiunas hoxe o presidente da ONG, Victor Omgba, que se reuniu co edil de Cultura, Santiago Ríos, para agradecerlle a doazón.











