Cambio de ubicación nestas eleccións de dúas mesas electorais en Neda
O Concello de Neda informa do cambio de ubicación de dúas mesas electorais na próxima cita coas furnas o domingo, 25 de maio. Cambios que a Administración local publicitou no seu momento mediante a publicación do correspondente bando e que o Concello decidiu para facilitar as votacións aos residentes, reducindo as distancias que deben cubrir nos seus desplazamentos aos colexios. Unha medida comunicada á Xunta Electoral, da que recibiu o visto bo e autorización.
Deste xeito, a antiga mesa do Puntal desaparece para trasladarse á Casilla, recentemente restaurada polo Concello de Neda. Así mesmo, a mesa dos Castros pasa o domingo ao centro de saúde, quedando únicamente a mesa da Muchiqueira para os residentes neste lugar.











