publicidade hoxe

Cabanas mellora a súa rede de camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas en colaboración coa Deputación da Coruña a través do seu programa DTC93 ten previsto levar a reparación de diversos camiños municipais. Dende o consistorio municipal buscouse arranxar as deficiencias que en diversas vías se produciron polo paso do tempo, actuándose naqueles camiños nos que o seu estado de deterioro facía precisa unha pavimentación máis urxente, como un paso fundamental encamiñado á mellorar as condicións de tránsito e consecuentemente a súa seguridade viaria.

En total vanse destinar máis de 114.000 euros nos traballos de reparación que está previsto que dean comezo arredor do mes de setembro, e que unha vez iniciados deberían estar rematados nun prazo de catro meses.

Entre as obras que están previsto levarse a cabo está a reparación do Camiño de Xicos, cunha lonxitude total de 920 metros, e que comunica o Concello de Cabanas co veciño municipio da Capela. Este camiño proporciona comunicación directa desde o núcleo de Xicos ós veciños lugar de O Teixo, Fornelo ou Formariz. Neste caso, ademais das carencias en materia de pavimentación unías a de certas infraestruturas como os servizos de evacuación de augas pluviais.

Tamén se actuará na Travesía do Salgueiral, cunha lonxitude de 100 metros e que discorre perpendicularmente á estrada DP-1502. Neste vía, como no anterior, a necesidade de acutación céntrase na mellora de evacuación das augas pluviais e do firme. Nesta mesma zona tamén se vai traballar sobre o Camiño do Salgueiral, dunha lonxitude de 40 metros e no que se vai actuar principalmente na mellora do seu firme.

Outra das actuacións que se vai levar a cabo é na Rúa Santa Marta, de 66 metros, que na actualidade presenta un deterioro do firme da calzada na súa banda central e que con este programa acondicionarase a parte de firme con maior deterioro.

A última das actuacións que se farán será sobre o Camiño do Rolo, neste caso en dous tramos, un de 605 metros e o outro de 220, que proporcionan acceso ás vivendas situadas no seu marxe dereito ó seu paso polos lugares de O Barreiro e O Val. Neste caso ademais de arranxar os problemas de pavimentación tamén se traballará para a recollida de augas pluviais e para aumentar a rede de abastecemento de auga potable na zona.

30 de maio de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.