Burela e Cervo acollen a XXII edición de Periodipesca, o congreso especializado en caza, pesca, turismo natural e de aventura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCervoLocal PortadaLugo
A-
A+
Presentación da XXII Periodipesca

Presentación da XXII Periodipesca

Máis de medio centenar de congresistas están xa en plena Mariña lucense para participar na XXII edición de Periodipesca, Congreso especializado en Caza, Pesca, Turismo Natural e de Aventura.

O acto inaugural tivo lugar no salón de covencións do Concello de Burela. Entre as autoridades asistentes estiveron presentes:

D. Jesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Dña. Verónica Tellado, representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia

Dña. Raquel Arias, delegada da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

D. Gerardo Orol, Presidente da Federación Galega de Pesca e Casting

D.Xavier Nogueira, Presidente da Federación Galega de Caza

D. José María González Barcia, Alcalde de Burela

Dña. Begoña Alonso, concelleira de Turismo do Concello de Cervo

D. Luis Macías, Presidente de Periodipesca

Tras o saúdo máis institucional e a colocación da banda á Madriña de Honra deste ano, a periodisca veciña de Cervo, Flor Robleda, deuse paso ás xornadas técnicas nas que se trataron temas como “A Nova lei e a súa influencia na caza galega”, “O lobo na costa” ou “Galicia, un paraíso de pesca en potencia” todo iso de man de representantes institucionais, profesionais e expertos.

Por outro lado, presentouse o libro do escritor homenaxeado deste ano, D. José Curt que acaba de publicar “O Moreno do Lérez” que – dixo- non deixará indiferente a ninguén.

Por diante, queda todo un fin de semana de pesca, turismo e gastronomía para os congresistas chegados dende todos os puntos de España e Portugal aos que, como dixo o Conselleiro de Cultura, “non só han de vivir Galicia e esta experiencia se non que ao regresar á súa terra-pediu- divulguen o que aquí gozasen”.

Este venres os congresistas visitaron a Fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo. A Lonxa de Burela ou o Museo do Mar entre outros atractivos turísiticos da Mariña Lucense.

2 de maio de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.