Brión oferta un curso de conservas caseiras e outro de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión convoca tres novos cursos formativos para este mes de maio: conservas caseiras, manipulador de alimentos e un obradoiro de expresión oral. As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou a través de voluntariado@briondixital.org.

O próximo sábado 10 de maio terá lugar un curso para aprender a realizar conservas caseiras, de 8 horas lectivas e cun custo de 20 euros. O curso de manipulador de alimentos terá lugar o luns 12 de maio no centro social polivalente, de 16:00 a 19:00 horas. A cota de inscrición é de 25 euros e servirá para conseguir ou renovar o carné de manipulador de alimentos, necesario para conseguir traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares…

Por último, o Concello de Brión convoca un obradoiro de expresión oral, dirixido especialmente a persoas interesadas en adquirir ou incrementar as súas habilidades de cara á realización de actividades de animación. O curso terá lugar os sábados 24 e 31 de maio, en horario de mañá, na Casa da Cultura de Brión. A inscrición custa 10 euros.

2 de maio de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.