Brión destina 26.700 euros a actividades dos centros educativos e das asociacións culturais e deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión vén de habilitar unha serie de partidas por un importe de 26.700 euros para a concesión de subvencións ao CEIP de Pedrouzos, ao IES Brión e a outras sete entidades culturais e deportivas do municipio polas actividades que desenvolven ao longo do ano. Así o vén de decidir o alcalde de Brión, Xosé Luís García, unha vez que os orzamentos municipais para o exercicio 2014 xa foron aprobados definitivamente.

Ademais do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión, tamén se beneficiarán destas subvencións a Banda Municipal de Música, que desenvolve un gran número de actuacións polas distintas festas parroquiais, e a asociación de mulleres Xuntanza, que ademais das súas actividades tamén colabora cos Servizos Sociais na recollida e entrega de alimentos do programa Brión Solidario. Así mesmo, tamén se contemplan axudas os clubs deportivos do municipio (SD Brión, SD Luaña; Bastavales UD e asociación de caza Altamira), así como á asociación Festa do Cabalo, que a mediados de setembro organiza a tradicional Festa do Cabalo que reúne a milleiros de persoas no monte Rañalonga.

9 de maio de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.