Belén do Campo reúnese coa Asociación de Hostalería da Coruña

Belén do Campo na reunión co presidente da Asociación de Hostalería de Coruña
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente da Asociación de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete, para analizar as distintas liñas de colaboración para a mellora do sector.Entre outros asuntos, Do Campo informoulle sobre a tramitación das diferentes ordes de axudas e subvencións da Administración autonómica ás que pode optar a entidade, ben para promover a dinamización do colectivo ou para mellorar a súa formación. Na mesma liña, a delegada territorial e Cañete apostaron pola unión de todos os axentes que integran este ámbito para a optimización dos recursos.











