Barroso despídese do Santiago Futsal tras finalizar o seu contrato
Jorge Barroso, deixará de ser xogador do Santiago Futsal tras finalizar o seu contrato co club. Barroso chegou ao Santiago Futsal fai tres tempadas procedente de Elpozo Murcia, converténdose nunha peza crave dos de Santi Valladares.
O club santiagués quere agradecer a Jorge Barroso a súa profesionalidade e entrega durante estes anos e deséxalle a maior das sortes nos seus próximos retos tanto persoais como profesionais.