Axudas para libros e material escolar en Salvaterra do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Un ano máis o  Equipo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño vén de aprobar en Xunta de Goberno Local as axudas para  a adquisición de libros e material escolar de Infantil para o curso 2014/2015.

Estas axudas nacen co obxecto de promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 15  xullo ao 14 de agosto de 2014, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes e xoves de 08.00h a 14.30h. Máis información en www.concellodesalvaterra.org ou no 986 658 082.

26 de maio de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.