Avanza cara a aprobación definitiva a urbanización do Polígono da Pasaxe, en Vigo e Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal PortadaVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a memoria ambiental da modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, situado nos concellos de Gondomar e Vigo.

O conselleiro Agustín Hernandez reuniuse a mediados do pasado ano co alcalde de Gondomar e representantes de empresarios e comuneros co fin de colaborar no desenvolvemento do parque empresaria. Neste encontro acordaron modificar o proxecto sectorial do polígono co fin de desenvolver o ámbito en catro fases: as dúas primeiras para urbanizar o solo industrial máis consolidado e as outras dúas para crear a zona de nova implantación industrial ao tempo que se integran algunhas parcelas preexistentes.

O polígono industrial da Pasaxe está situado na parroquia de Vincios, no Concello de Gondomar, e en menor proporción no Concello de Vigo, na parroquia de Valadares. O seu ámbito ocupa unha superficie de de 586.947 metros cadrados, dos cales 348.88,68 serán de uso industrial e 163.000 metros quedarán libres

Na actualidade tratase dun ámbito transformado na súa maior parte polas máis de 80 empresas instaladas, agás unha zona de uso forestal, dunhas 13 hectáreas, situada no nordeste que, coa modificación prevista do proxecto sectorial, quedaría inserida na última fase de desenvolvemento do polígono empresarial.

Conclusións da memoria ambiental

O documento publicado hoxe no DOG foi elaborado dende a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e recolle unha análise das principais afeccións que supón o desenvolvemento desta modificación, ademais de valorar as medidas axeitadas para minimizar ou corrixir os posibles efectos que poda ter a mesma.

A memoria sinala que no ámbito de actuación previsto na modificación para a urbanización do polígono industrial nos se insiren, nin nas súas proximidades, espazos naturais protexidos e por tanto non se agardan efectos ambientais significativos.

Compre salientar que o polígono atópase na conca alta do río Zamáns, linda polo leste con este río,quedando un tramo inserido na zona verde; e polo oeste do ámbito discorre o rego Calvo, curso temporal de pouca entidade e tributario do Zamáns. Polo que, con respecto ao recurso hídrico, lémbrase a necesidade de que o proxecto se desenvolva cumprindo estritamente as determinacións que formule a o ente público Augas de Galicia.

2 de maio de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.