Ata 20% de desconto nos postos da 7ª edición da Feira do Libro na Praza do Reló da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O pasado domingo día 18 de maio, celebrouse a 7º edición da Feira do Libro na Praza do Reló do Concello da Guarda. As librerías da nosa vila e do Baixo Miño abriron os seus postos poñendo á venta libros cun 20% de desconto, cuns excelentes resultados de afluencia e ventas ao longo do día.

O espectáculo infantil “Antía, Wamba e o regato pequeño”, contacontos presentado por A tropa de Trapo, foi seguido por un amplo público familiar, que disfrutou en grande coa curiosa historia que nos presentaban e na que participaron rapaces do público. Pola tarde os os máis cativos puideron crear curiosos marca páxinas e chaveiros cos seus personaxes de conto preferidos nos obradoiros de manualidades.

Como novidade, o escritor guardés residente en New York, Francisco Álvarez “Koki”, estivo firmando os seus libros, que se puideron adquirir en calquera dos postos presentes.

Pero sen dúbida o ingrediente estrela deste ano foi a actuación de Quico Cadaval. O popular contador de historias e director teatral presentou un monólogo cargado de retranca e humor moi fino sobre as nosas costumes.

Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a tódolos que por alí se achegaron participando nesta xornada.

20 de maio de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.