Asterix e Obelix visitan o centro comercial As Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas presentou esta mañá o novo programa de actividades de Asterix e Obelix, coas que introducirán aos máis pequenos no mundo destes dous personaxes tan coñecidos.

As actividades terán lugar os días 23, 24, 30 e 31 de maio en horario de 18:00 a 20:00. Durante eses días os nenos poderán gozar de talleres de modelado, pintura, recortes, xogos de parellas ou talleres de pócimas máxicas ademais doutras moitas sorpresas.

O centro comercial contará ademais coa presenza de Asterix e Obelix, aos que poderán coñecer en persoa todos os nenos. Como broche final, o día 31 ás 20:00 terá lugar un sorteo dunha viaxe ao Asterix Parc de Francia para toda a familia.

Todas as actividades, que terán lugar na Planta 2 do Centro Comercial e serán completamente gratuítas, veñen consolidar o compromiso do centro cara aos máis pequenos despois de que hai poucos días se celebrase o aniversario do Club de Celi, o club infantil do centro que conta xa con máis de 5.000 socios, cunha gran festa que contou cunha afluencia de máis de 30.000 persoas.

Outras actividades

Ademais das actividades de Asterix previstas para este mes, o centro comercial continúa acollendo unha exposición de coches da marca Renault, grazas á que os visitantes do centro poderán atoparse até 10 coches míticos da marca francesa que inclúen modelos míticos como o Renault 4 CV, o 6 CV, o Renault Alpine, o Caravelle, o Dauphine ou o Renault Fregache.

Visitante 8 Millóns

Esta mesma mañá As Cancelas chegou á cifra de 8 millóns de visitantes, fito que celebrou premiando ao afortunado cunhas lentes de sol, con catro entradas de cine e cunha fotografía que inmortalizase o momento.

Desde o centro quixeron remarcar que  estes millóns de visitas son o premio a un traballo ben feito e que traballan cada día en propor novas iniciativas pensadas para facer das Cancelas o mellor centro posible.

16 de maio de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.