Asime confía na adxudicación dos gaseiros á comunidade galega
Asime manifesta a súa posición optimista con respecto á posible adxudicación de dous buques gaseiros para a compañía Repsol a un Estaleiro galego.
Enrique Mallón, portavoz e secretario xeral desta Organización, considera que “o feito de que se corrixiron os erros cometidos na adxudicación dos metaneiros, que acabaron en bancadas asiáticas, pechando a licitación a un estaleiro nacional é xa en si unha boa noticia e unha mostra de apoio á nosa industria”.
Desde Asime confían en que a calidade extraordinaria dos Estaleiros galegos sexa agora decisiva na adxudicación. Enrique Mallón, declara que “hai razóns para confiar en que a adxudicación recaia en Estaleiros galegos. Empézase a observar vontade por apoiar de maneira concreta ao Estaleiro Navantia con anuncios como o buque de acción marítima da Armada e que, aínda que como no caso dos gaseiros ou o flotel, non son a solución si son unha aposta por manter vivo este importante Estaleiro.”











