publicidade hoxe

As praias da Guarda volven a contar coa distinción de bandeira azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A praia de Area Grande e do Muíño obteñen este distintivo como recoñecemento á calidade medio ambiental e ós servizos que ofertan. Estas praias contarán cos servizos esixidos por Bandeira Azul como os paneis informativos, os análises de augas, o servizo de limpeza e de recollida de residuos, as duchas e os aseos. Tan só falta que comece o servizo de salvamento e socorrismo que atende ós dous areais, previsto para comezos da temporada de verán.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

A SENDA DA COSTA DA GUARDA CONTA CO GALARDÓN DE SENDEIRO AZUL

Dende 2011 os veciños e visitantes contan coa Senda Litoral e coa Ruta das Cetareas e poden percorrer a costa dende a praia do Muíño ata preto do límite co concello do Rosal.

Este ano o Concello da Guarda volve a contar coa distinción de Sendeiro Azul, en recoñecemento a senda da costa que une as praias de Area Grande e do Muíño cunha extensión de 5,6 km.

ADEAC, organismo que xestiona a Bandeira Azul, puxo en marcha o galardón SENDEIRO AZUL que distingue os camiños litorais que cumpren os criterios de calidade que garanten a preservación e mellora das condiciones ambientais existentes.

16 de maio de 2014 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.