publicidade hoxe

As Mariñas Coruñesas estuda as posibilidades que ofrece a reserva de biosfera para a saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondo
A-
A+

A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está convencida dos beneficios para a saúde que pode ofrecer o territorio. É unha nova visión das vantaxes da declaración da comarca como reserva que se estudará na xornada “Biosfera e saúde” que se celebrará o venres, 30 de maio, en Cambre.

Expertos en alimentación, a educación física ou a paisaxe intervirán no encontro. A xornada comezará ás 18.00 e finalizará ás 20.15 horas. Terá lugar na aula de Cociña de Porto-Muiños, situada na praza Casares Quiroga da Barcala. Unha das actividades estrela será a que se refira á marcha nórdica, modalidade deportiva de resistencia de camiñar con bastóns. Para promovela na comarca, dados os seus beneficios de saúde, a reserva organiza unha marcha nórdica pola costa de Dexo, unha das zonas núcleo da reserva.

Será o sábado 31, de 11.00 a 13.30 horas, con saída e chegada na igrexa de Dexo. É unha ruta fácil, apta para todos os públicos, incluídos os maiores. A primeira media hora consistirá nun ensino da técnica da marcha nórdica. Para asistir ao programa, é necesario inscribirse contactando coas Mariñas Coruñesas. O mail é info@marinasbetanzos.org e o teléfono o 981 669 541.

28 de maio de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.