As irmás Andrea e Alba Dapena abandonarán o Atl. Guardés ao rematar a tempada
Andrea e Alba, tras toda unha vida deportiva no Guardés, deciden abandonalo, por non estar de acordo co trato e falta de confianza que se está dando a xogadoras e a persoal local que desde hai moito tempo sempre estiveron vinculados ao Club, tal e como expresaron á directiva nunha misiva que a Capitá, Andrea Dapena, lles leu na tarde de onte luns.











