As Cancelas premia ao seu visitante número 8 millóns
En apenas un ano e medio, o centro comercial As Cancelas está a piques de chegar aos 8 millóns de visitantes, unha cifra que o consolida como o espazo de referencia en Santiago e a súa área de influencia.
Está previsto que sexa o venres 16 o día que se chegue aos 8 millóns e desde a dirección do centro xa están a preparar o recibimento do visitante que lles permita chegar á cifra e ao que obsequiarán cun agasallo conmemorativo.
Desde a súa apertura, As Cancelas non deixou de medrar. A piques de chegar aos 8 millóns de visitantes, o centro foi sempre un referente de lecer gratis e de calidade protagonizando grandes iniciativas como a Fashion Night Out, o Festival do Humor, o Festival de Monicreques ou a gran festa de Aniversario de Celi ou realizando sorteos entre os seus visitantes que lle levaron nos últimos meses a regalar 25 cruceiros, viaxes, noites de hotel e ata un coche.











