As brigadas municipais de Cangas acometen diversas actuacións en varios puntos do concello
O Concello de Cangas continua traballando no mantemento das estradas e camiños municipais. Ao longo desta semana as brigadas municipais acometeron diversas actuacións de limpeza de maleza, na rotonda de acceso ao corredor e na principal vía da parroquia de Aldán ata a entrada de Vilariño. Tamén estívose traballando na parroquia de Hío coa limpeza do Sendeiro Azul de Donón, na subida ao Monte do Facho, na Choupana preto do casco urbano e na zona de Cimadevila na que foron limpados o lavadoiro, o parque infantil continuando con estes traballos na escola vella.
Por outra banda executáronse traballos de reposición de beirarrúas na avenida de Vigo para que unha vez finalizados, se continúen na avenida de Bueu. A estas iniciativas hai que sumar as labores de mantemento das zonas verdes municipais así como de carpintería nas casetas das praias municipais.
Para a realización destes traballos contouse con persoal contratado polo Plan Provincial de Emprego ademais de traballadores da Deputación Provincial que serviron de reforzo ás brigadas municipais.
Dende o Concello reiterase o compromiso de seguir traballando no mantemento de estradas e espacios públicos pendentes ao longo da próxima semana.











