publicidade hoxe

Arzúa Vende continúa o seu éxitos trala terceira edición celebrada no fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+
Asistentes a Arzúa Vende

Asistentes a Arzúa Vende

Centos de persoas visitaron o pasado sábado o recinto feiral Terra do Queixo para dar boa conta da inmensa variedade de postos que este ano cubriron de colorido a terceira edición da Feira de Artesanía e Artigos de Segunda Man Arzúa Vende.

Un total de setenta e tres vendedores amosaron o mellor das súas creacións nunha xornada calificada moi “exitosa” pola organización do evento, que destacou a alta participación.

As actividades pensadas para esta edición foron moi ben acollidas polo público e moi agradecidas por parte dos expositores xa que sempre axudan como un elemento de atracción de cara á participación de veciños e visitantes. Salientou a exposición de instrumentos musicais do mundo así como as actuacións de maxia; máxico tamén foi o concerto da fadista Maía do Ceo, un dos momentos estelares da xornada.

Deste xeito, Arzúa Vende aséntase como unha das citas ineludibles do ano no noso municipio, así se considera dende o propio concello e dende a organización da feira que xa manifestou a súa intención de darlle continuidade ao evento con vindeiras celebracións.

26 de maio de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.