Arrinca a semana do Atlántico Cidade de Vigo 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo está a traballar na nova edición da Semana da Atlántico Cidade de Vigo – Trofeo Martín Barreiro. A emblemática regata, referente da vela lixeira europea, disputarase entre o 24 de outubro e o 2 de novembro. Hoxe, 6 de maio, o Comité Organizador publicou o anuncio de regatas polo que queda oficialmente aberto o prazo de inscrición.
 
Viana do Castelo, primeira proba para a flota de Optimist

A cidade olívica acollerá o primeiro ciclo deportivo da Semana do Atlántico Cidade de Vigo – Trofeo Martín Barreiro entre o 24 e o 26 de outubro e mentres tanto, en augas lusas disputarase a regata Cidade Viana do Castelo; proba na que os 300 Optimist que competirán no Meeting Internacional Cidade de Vigo daranse cita para porse a piques de cara á cita viguesa.
 
Ao termo da regata, o Clube de Vela Viana do Castelo ofrecerá aos novos regatistas un clínic de vela previo ao Meeting Internacional de Optimist Cidade de Vigo.
 
A principal novidade desta nova edición da Semana da Atlántico Cidade de Vigo é a creación dun premio absoluto ao regatista da clase Optimist que obteña un mellor resultado tendo en conta as citas de Viana do Castelo e Vigo.
 
500 tripulacións na Semana da Atlántico Cidade de Vigo 2014

En 2013 máis de 385 barcos de nove países déronse cita na regata do Real Club Náutico de Vigo e todo iso sen ter en conta que se superou a cifra do milleiro de persoas entre regatistas e técnicos. O Comité Organizador da Semana da Atlántico Cidade de Vigo espera superar as cifras nesta nova edición.
 
Segundo as últimas estimacións en 2014 desprazaranse ata Vigo un total de 500 tripulacións. Entre o 24 e o 26 de outubro preto de 200 embarcacións das clases Láser, 420, Vaurien, Snipe e Cadete disputarán en augas da ría de Vigo o primeiro ciclo deportivo da Semana da Atlántico Cidade de Vigo – 39º Trofeo Martín Barreiro.
 
A continuación, entre o 31 de outubro e o 2 de novembro, chegará a quenda do Meeting Internacional de Optimist Cidade de Vigo. Máis de 300 regatistas vindos de toda Europa disputarán unha das citas máis importantes da vela lixeira europea. Divididos en dous grupos –A-B e C- buscarán facerse co ouro que actualmente ostenta a balear Aina Colom tras un duro man a man co británico Mil Gills-Taylor.

7 de maio de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.