Arcade acollerá a representación de “Os Bolechas e O Sabichón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSoutomaior
A-
A+
Espectáculo "Os Bolechas e o Sabichón"

Espectáculo “Os Bolechas e o Sabichón”

Os Bolechas e o Sabichón presentan no Multiusos de Arcade este sábado 17 de maio as 18:00 horas a súa nova proposta lúdica e didáctica, para fomentar a lingua galega nos máis pequenos, así como o coñecemento en xeral. Trata da actividade “Os Bolechas e O Sabichón”, unha iniciativa que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística no marco do programa FalaRedes 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Pensada para nenos de 3 a 9 anos e para as súas familias, a actividade está ideada a modo de concurso cun miniteatro que abre e pecha cada sesión. Os Bolechas preséntanse en forma de monigotes manipulados por actores á vista, modalidade nova en Galicia utilizada tamén este Nadal no espectáculo Vos Bolechascantan con Lady Vina, e a temática virará tamén ao redor dun concurso no que participan Os Bolechas e que acabará como adoitan terminar as aventuras destes irmáns.

O contrapunto porao “O Sabichón, o presentador do concurso, un personaxe un pouco prepotente e, como o seu nome indica, moi “listiño”, que estará tamén na parte central da actividade, o propio concurso no que participarán as nenas e nenos presentes no Multiusos.

Para participar formaranse dous equipos, cada un liderado por un Bolecha, que terán que enfrontarse a unha serie de preguntas e probas moi divertidas para demostrar coñecementos e habilidades.

12 de maio de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.