publicidade hoxe

Apróbanse as bases definitivas da concentración parcelaria de Baión, en Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilanova de Arousa
A-
A+

A concentración parcelaria de Baión en Vilanova de Arousa continúa o avance da súa tramitación tras a aprobación, esta mañá, por parte da Xunta Local, das súas bases definitivas.

Na reunión da Xunta Local estiveron tamén presentes o xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois, así como representantes do concello de Vilanova de Arousa.

Con este trámite remata o proceso de adaptación da superficie a esta parcelaria a raíz da exclusión dos núcleos rurais da área afectada.

Esta concentración parcelaria, que foi obxecto de análise en diversas ocasións polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, o alcalde da localidade, Gonzalo Durán e os técnicos da Xefatura Territorial de Medio Rural e Mar, atópase así xa en bases definitivas, o que permitirá manter, proximamente, unha reunión cos propietarios dos terreos para a presentación dos boletíns que reflictan a superficie e clasificación aportados por cada un dos beneficiarios.

Esta zona de concentración parcelaria foi obxecto dun proceso de adaptación da superficie á nova Lei do Solo, no que houbo que eliminar do perímetro total da zona os núcleos de poboación e o polígono industrial.

En reiteradas ocasión, Cores Tourís recordou a importancia que para a Xunta de Galicia teñen as zonas rurais e a necesidade de modernización das mesmas “co obxectivo de facer das terras da nosa comunidade un lugar idóneo para a explotación agraria e gandeira e favorecer así a economía das zonas rurais”, para o cal é necesaria “unha correcta reordenación e redistribución das parcelas, facéndoas máis produtivas”.

Tal e como explicou o delegado territorial en Pontevedra, a zona de concentración parcelaria de Baion, de superficie aproximada de 700 hectáreas, afecta a un numero superior aos 1.000 propietarios.

6 de maio de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.