Aprázase ata o outono a conferencia en Vilagarcía do doutor Barnosell

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A conferencia médica prevista o sábado, 17 de maio, no Auditorio posponse ata o outono ao verse obrigado o conferenciante, Francisco Barnosell a anular o seu ciclo de charlas en Galicia por motivos de saúde dun familiar. A nova data comunicarase coa antelación suficiente, unha vez de reorganice a axenda do doutor.

Baixo o título de Medicina Integrativa, na actividade aprazada o doutor Barnosell ía a abordar a busca do benestar e a mellora da saúde a través da unión de corpo, mente, emocións e espírito. A conferencia ía a ser presentada pola doutora de Vilagarcía, Natalia Prego Cancelo e estaba dirixida ao público en xeral.

15 de maio de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.