Apertura do prazo para participar na excursión Galicia Máxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Aberto o prazo desde hoxe martes 20 de maio a partir das 17 horas para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso será “Galicia máxica, Ortigueira-Cariño-Cedeira” que se desenvolverá o domingo 8 de xuño. O programa da excursión permitirá aos participantes coñecer o Museo Ortegalia para achegarse a historia e ao patrimonio de Ortegal. Tamén se visitará a vila de Cedeira, os cantís da Serra da Capelada e a Capela de San Andrés de Teixido. A excursión ten un prezo de 24 euros (inclúe o transporte, seguro, guia e xantar concertado en Espasante.

20 de maio de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.