Apertura do prazo para o programa “Vitalia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Aberto o prazo para inscribirse nunha nova edición do “Programa Vitalia: Estancias socioterapéuticas en centros de descanso para mulleres diagnosticadas de cancro”.

 Destinatarias: Mulleres diagnosticadas de cancro.

O Programa Vitalia levarase a cabo entre os dias 9 e 12 de xuño de 2014, ambos incluídos,na Residencia de Ocio e Tempo Libre de O Carballiño. Contémplase un programa completo de carácter rehabilitador e convivencialcon talleres de saúde, nutrición, empoderamento social e habilidades sociais, autoestima, estratexias de afrontamento, relaxación, coidados estéticos, risoterapia, dinámicas grupais, excursións e saídas guiadas, ademais da atención continuada por parte dun equipo interdisciplinar especializado.

Participarán un total de 12 profesionais de diversos ámbitos e especialidades co obxectivo de ofrecer unha programación que contempla todos os aspectos que podan resultar de interese de cara a facilitar o proceso de recuperación e aprendizaxe desde un punto de vista rehabilitador e positivista.

Data límite para a recepción de solicitudes: o luns 19 de maio ás 18h00min.

7 de maio de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.