Apertura do prazo para a excursión Un paseo por Castela
Aberto o prazo desde o venres 30 de maio a partir das 17 horas para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión: “Un paseo por Castela: Zamora e Salamanca” que se desenvolverá os días 21 e 22 de xuño. O programa da viaxe achegará aos participantes na primeira xornada a coñecer a cidade de Zamora, visitando o seu casco histórico da man da guía local e os principais monumentos como a praza maior, a Catedral, igrexas, murallas…e o segundo día adicarase a visitar a cidade de Salamanca, a súa riqueza patrimonial con visita guiada.
A viaxe ten un prezo de 98 euros(inclúe o autocar gran turismo, pensión completa en hotel en Salamanca, comidas, guías acompañantes e seguro de viaxe.)











