Apertura do prazo de preinscrición para acceso ó conservatorio elemental de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Dende a Concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós Barros, infórmase de que se abre o prazo de preinscrición para poder acceder as probas de acceso do conservatorio de música.

Se tes entre 8 e 14 anos e che interesa o mundo da música, aquí podes comezar os teus estudos oficiais e aprender a tocar un instrumento como pode ser a guitarra, piano, violín, viola, clarinete ou saxofón.

O prazo para a preinscrición vai do día 10 de maio ao 11 de xuño do 2014.

7 de maio de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.