Apertura do prazo de inscrición para o Verán Deportivo de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Servizo de Deportes do Concello de Verín abre mañá 28 de maio o prazo de inscrición para as actividades do programa Verán Deportivo 2014′, que terán lugar entre o 02 de xullo e o 29 de agosto.

A mesma,destinada a 200 alumnos/as -que serán organizados por grupo de idade e actividade-, terá un horario de 10.30 a 13.30 horas. As iniciativas deportivas previstas articúlanse en torno a tres categorías:

– Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres)

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de

Actividades: xogos de psicomotricidades, actividades polideportivas e acuáticas, sesións de cine, obradoiros, xogos recreativos e excursións.

– Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres)

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Complexo deportivo A Granxa e piscinas

Actividade: fútbol e fútbol-sala.

– Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres)

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

Actividades: xogos de psicomotricidades, actividades polideportivas e acuáticas, sesións de cine, obradoiros, xogos recreativos e excursións.

Neste grupo existe a opción de acudir durante tres días ao grupo de fútbol e fútbol-sala e os dous restantes as actividades do grupo xeral de 5 días.

A inscrición realízase nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno s/n) ata completar todas as prazas dispoñibles e por estrita orde de chegada (en horario de 10 a 13.30 e 17 a 20 horas). Os requisitos para devandita inscrición son: cubrir a solicitude de inscrición, fotocopia do DNI ou Libro de Familia (en caso de non ter), unha fotografía tamaño carné e presentar a Tarxeta do Eurocidadán para optar ao desconto fixado (para os/as nenos/as que estiveron nas Escolas Deportivas 2013-2014 só é necesario o requisito da Tarxeta do Eurocidadán/a).

27 de maio de 2014 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.