Apecco e Acuaes promoven unha xornada sobre xestión integrada de obras en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

APECCO (Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña) e ACUAES (Augas das Concas de España) promoven mañá, martes, 6 de maio, a partir do seis da tarde, unha xornada sobre a xestión integrada de proxectos e obras en execución en Galicia.

No foro, que está dirixido a empresarios e técnicos responsables da redacción ou dirección de proxectos e execución de obras, analizaranse os aspectos metodolóxicos da xestión das obras de ACUAES en Galicia, entre as que se atopa a obra do emisario submarino de Lagares, en Vigo.

Tras a presentación da xornada, que correrá a cargo do presidente da patronal coruñesa da construción, Antón Arias Díaz-Eimil, intervirán Rafael Díaz Martínez, coordinador técnico de ACUAES, e representantes da unión temporal de empresas que executan a citada obra de Lagares.

5 de maio de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.