Amplíase o prazo para inscribirse no curso de manipulador de alimentos de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán, rematando a programación formativa do ano 2014, ten prevista a realización dunha segunda edición do curso necesario para a obtención do carné de Manipulación de Alimentos, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio, pensando que esta acreditación oficial resulta imprescindible para traballar no sector da hostalería, de tanta importancia no noso concello e máis aínda na época de verán que está a piques de chegar.

O concello cofinanciará esta titulación, de tal xeito que as persoas seleccionadas só deberán aboar 7 euros en efectivo no momento de inicio do curso, sendo o custo total da carné de 17 euros.

Esta acción formativa se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), o 10 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00, estando aberto o prazo de inscricións do 19 ao 31 de maio e poñendo a disposición dos veciños de Nigrán un total de 35 prazas.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, acehgando copia do seu DNI e cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e na páxina web deste concello, www.nigran.org

27 de maio de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.