publicidade hoxe

Alumnos do Cifp de Compostela resolven dúbidas sobre a cata das augardentes e licores de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Cata dos alumnos do CIFP Compostela

Cata dos alumnos do CIFP Compostela

Os alumnos do Ciclo Superior de Dirección de Servizos en Restauración do CIFP Compostela resolveron esta mañá dubidas e desterraron falsos mitos no que respecta aos produtos amparados polo CRIIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que desenvolveu unha presentación e cata comentada aos 18 alumnos deste ciclo superior. A xornada técnica incluíu a proxección dun vídeo ao redor da historia e funcións que desempeña este órgano certificador e unha posterior explicación do proceso de destilación e cata organoléptica de varios dos produtos amparados: augardente de Bagazo de Galicia, augardente de herbas de Galicia, licor de herbas e licor de café.

A charla técnica, que estivo a cargo do técnico do Consello Regulador, Hixinio Rodeiro, incluíu a explicación dos diferentes procesos de destilación contemplados polo Consello Regulador: alquitara, alambique e arrastre de vapor, coas características que definen cada un deles. O seminario tamén tocou aspectos como a temperatura de servizo ou o uso de copas de tulipa, que concentran mellor os aromas para o proceso de cata e degustación deste tipo de destilados.

A xornada tamén instruíu aos alumnos sobre o control que se exerce de todos os produtos amparados baixo este Consello Regulador, asegurando que os produtos con contraetiqueta cumpren os estritos parámetros de calidade e orixe esixidos pola normativa do CRIIXX.

19 de maio de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.