Allariz reivindica o uso do idioma no Día das Letras Galegas
O Concello de Allariz convida aos veciños e veciñas á celebración do Día das Letras Galegas, como reivindicación do uso do idioma.
O concello de Allariz traslada á veciñanza o seguinte lema “O Galego é a nosa Lingua. Na Galiza en Galego”. O lema mostrarase a través dunha pancarta colocada no balcón da casa do concello, na Praza Maior.
Anima, ademais, a participar nos actos organizados e nas actividades previstas para conmemorar o día. O sábado ás 19:00h actuará, na Praza Maior, a escola de baile tradicional municipal e ó remate veciños e veciñas de Allariz darán lectura ao manifesto “Queremos Galego”











