AFAL convoca aos seus socios á Asemblea Anual e a unha segunda extraordinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra organizará o próximo día 29 a Asemblea Xeral Anual de Socios. A reunión celebrarase en primeira convocatoria ás 16,30 horas e en segunda ás 17. A orde do día inclúe a aprobación do plan de actividades e o orzamento para o presente exercicio, o estudo e aprobación da memoria de actividades do 2013, así como as contas e balances dese mesmo ano. A reunión concluirá co tempo para os rogos e preguntas.

A continuación da Asemblea Xeral Anual de Socios, AFAL Ferrolterra celebrará outra Asemblea. Neste caso, extraordinaria e coa actualización dos cargos da Xunta Directiva como punto da orde do día.

14 de maio de 2014 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.