Aemos renova o seu convenio de colaboración con Talaso Atlántico

Renovación do convenio entre Aemos e o Talaso Atlántico
A Asociación de Empresarios de Mos, consciente da importancia da saúde e benestar dos empresarios e traballadores de empresas asociados, renovou o seu convenio de colaboración con Talaso Atlántico. Así, o presidente de AEMOS, José Mañas, e Jesús Pérez, administrador de Talaso Atlántico, reuníronse para materializar a firma do acordo iniciado xa no ano 2007 coa novidade de que nesta ocasión as condicións melloraron, con maiores descontos e bonos personalizados.
O Hotel Talaso Atlántico é un complexo hoteleiro e centro de talasoterapia, situado a 20 minutos de Mos, dotado das máis vangardistas instalacións no sector do lecer e do turismo, especializado en terapia termal, a través de técnicas baseadas no uso da auga do mar, con efectos beneficiosos para a saúde das persoas.
A través da firma deste convenio ofréceselles aos integrantes de AEMOS, tanto a empresas como a traballadores, vantaxes diversas como descontos no restaurante Faro, e no servizo de aloxamento, alugueres gratuítos de salóns para impartir conferencias, congresos, salóns para sesións de formación, reunións de traballo, xantares ou ceas.
Precisamente, desde o ano 2007, os asociados de AEMOS veñen gozando de todas estas vantaxes a través do Cartón AEMOS – Talaso Atlántico, coa que o usuario acredita a súa pertenza a este colectivo.











