Adxudícase o asfaltado das rúas Castillejas e Cervantes, en Carril, por 40.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía segue contratando obras para paliar o mal estado das infraestruturas e da rede viaria municipal tras o duro inverno. A Xunta local de Goberno acordou hoxe adxudicar por 40.000 euros as obras de asfaltado das rúas Castillejos e Cervantes, en Carril, traballos que se acometerán coa maior brevidade dado que a mellora do firme incide tamén na mellora da seguridade viaria.

Os traballos de reposición do asfalto das rúas Catillejos e Cervantes financiarase con cargo aos orzamentos municipais de 2014 e foron adxudicados a empresa Fontefría, que tamén está a realizar o acondicionamento do Parque da Coca tras os desperfectos causados polos temporais.

Por outro lado, a Xunta Local de Goberno tamén aprobou na reunión desta mañá o abono de facturas de gastos correntes por importe de 550.000 euros. A realización deste trámite é unha constante nas Xuntas de Goberno semanais, procedemento co que se axiliza o pago aos provedores.

9 de maio de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.